exterior
(
-
Antónimos:
interior.
-
adx e s
Aplícase ao que está fóra dos límites dunha cousa.
Ex: A casa tiña unha escaleira exterior. Os exteriores do castelo teñen xardíns e árbores froiteiras.
Antónimos: interior. -
adx
Aplícase á vivenda ou ás súas dependencias con vistas a fóra da construción.
Ex: Os dous querían o cuarto exterior.
Antónimos: interior. -
adx
Aplícase ao espazo que está fóra da atmosfera terrestre.
Ex: A nave saíu ao espazo exterior.
-
adx e s
-
adx e s
Aplícase á superficie externa dos corpos.
Ex: Fixo unha torta cunha capa exterior de chocolate. A casa ten o exterior de pedra.
Antónimos: interior. -
adx e s
Aplícase ao que está ou ten que ver con países estranxeiros.
Ex: Sempre se interesou pola política exterior. Chegaron ao seu país noticias do exterior sobre o conflito.
-
adx e s
Aplícase ao aspecto ou aparencia de alguén.
Ex: Ten un aspecto exterior moi agradable. O seu exterior fai que todos o teñan por unha persoa desleixada.
Antónimos: interior. - s m pl [IMAX] Antónimos: interior.