extracción

extracción

(

  1. s f
    1. Acción de extraer.

    2. [MED]

      Operación cirúrxica consistente en retirar ou separar un corpo estraño, unha substancia patolóxica, un órgano enfermo ou lesionado ou unha parte deste.

    3. [MAT]

      Cálculo da raíz dun número.

    4. [IND]

      Acción de traer á superficie os minerais obtidos nunha mina.

  2. s f

    Orixe ou procedencia.

    Ex: Son xente de extracción humilde.

  3. s f [FÍS]

    Emisión de electróns producida polo impacto dun electrón primario incidente.

  4. s f [QUÍM]

    Proceso de transferencia de materia entre dúas fases inmiscibles baseada na diferencia de solubilidade das substancias, que permite a separación das mesturas sólidas, líquidas ou disoltas mediante un tratamento cun disolvente. Consta de dúas etapas: en primeiro lugar poñer en contacto o disolvente co material que se quere extraer, e despois separar por decantación ou sedimentación as dúas fases resultantes. A extracción sinxela consiste en poñer en contacto todo o material con todo o disolvente. Moito máis eficaz é a extracción múltiple, que consiste en tratar sucesivamente os materiais cun certo número de fraccións de disolvente. Para separar substancias de solubilidade pouco diferentes emprégase a extracción múltiple a contracorrente.