extradición

extradición

(< 2 ex- + lat traditĭōne ‘entrega’)

s f [DER]

Acto polo que un Estado entrega a un estranxeiro a outro Estado que solicitou a súa comparecencia, en virtude dunha sentenza firme ou dun procesamento contra el. Baséase en acordos de dereito internacional, dos que se exclúen os delitos militares, fiscais e políticos.