extradorso

extradorso

(< extra- + lat dorsu)

  1. s m [ARQUIT]
    1. Superficie convexa e exterior dun arco ou dunha bóveda.

    2. Cara superior das doelas que forman un arco ou unha bóveda.

  2. s m [ARQUIT]

    Pilastra que está detrás dunha columna.

  3. s m [CONSTR]

    Parte interior dun muro de contención que está en contacto coa terra.

  4. s m [TECNOL]

    Cara superior dunha á ou dun perfil aerodinámico. As súas condicións físicas inflúen sobre o rendemento aerodinámico, xa que a existencia de irregularidades ou defectos ocasiona unha alteración na capa límite que perturba o fluxo de aire ao redor da á.