extraordinario -ria

extraordinario -ria

(< lat extraor-dinarĭu)

    1. adx

      Que non é común ou habitual.

      Ex: Vai unha calor extraordinaria para ser xaneiro.

    2. adx

      Que se engade ao común ou ordinario.

      Ex: Vai traballar horas extraordinarias. O xornal sacou un número extraordinario coa noticia. Aprobaron os acordos nunha xunta extraordinaria.

      Sinónimos: extra.
    3. s f

      Cantidade de diñeiro que se dá a maiores da paga habitual.

      Ex: Ratéanlle as extraordinarias ó longo do ano.

      Sinónimos: extra.
  1. adx

    Que se afasta do habitual por ser maior ou mellor.

    Ex: O seu nariz ten un tamaño extraordinario. O seu oído para a música é extraordinario.

  2. adx [HIST]

    Aplícase ao correo especial que se despacha con urxencia.

  3. s m

    Gasto que sae do habitual ou esperado.

    Ex: Tiveron un extraordinario e non van poder comprar o coche.

    Sinónimos: extra.
  4. s m

    Cousa que non se fai ou non acontece de maneira habitual.

    Ex: Fixo un extraordinario para poder ir á voda.

  5. raio extraordinario [FÍS]

    Raio reflectido por un corpo birrefrinxente que non cumpre as leis de refracción de Descartes. É un raio polarizado.

Palabras veciñas

extraneidade | Extranet | extraoficial | extraordinario -ria | extraparlamentario -ria | extrapiramidal | extraplano -na