extrusión

extrusión

(< lat extrusĭōne)

  1. s f [IND]

    Proceso de transformación dun material suficientemente plástico, que se obriga a pasar, someténdoo a unha certa presión, por un ou máis canóns ou fileiras aos que se lles dá a forma desexada. No campo dos polímeros aplícase aos materiais termoplásticos, especialmente aos PVC, polietileno, polistireno, polipropileno, poliamida e algúns derivados celulósicos, e obtéñense tubos, barras, films e perfís diversos. En metalurxia aplícase ao aluminio e ás súas aliaxes, ao latón, ao bronce e ao cuproaluminio. A extrusión do aceiro foi posible en 1941 coa utilización de vidro fundido como lubricante, e empezou a aplicarse amplamente na produción de diferentes tipos de alimentos a partir dos anos setenta.

  2. s f [XEOG]

    Xurdimento de materiais nunha capa sedimentaria debido a presións tectónicas.