fabáceo -a

fabáceo -a

(< faba)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás fabáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das fabáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas herbáceas, gabeadoras, arbustos e árbores. Posúen flores hermafroditas, zigomorfas, de corola papilonácea pentámera e de cores vivas, dispostas en inflorescencias en acios e de polinización principalmente entomófila. Caracterízanse por presentar o froito en legume. Teñen nas raíces nódulos nos que están presentes, establecendo unha simbiose, bacterias do xénero Rhizobium con gran capacidade para fixar nitróxeno atmosférico. Gracias a isto a planta hospedeira pode vivir en ambientes moi pobres neste elemento, ademais de permitirlle dispor de gran cantidade de proteínas que son de interese para os consumidores destes vexetais. Teñen unha grande importancia económica xa que moitas especies son esenciais na alimentación humana -como é o caso de fabas, ervellas, garavanzos, lentellas e cacahuetes-, na alimentación do gando -como os trevos e a alfalfa-, e tamén como ornamentais e medicinais. As fabáceas constitúen unha das familias máis numerosas cuns 440 xéneros e 12.000 especies. En Galicia están presentes os xéneros: Acacia, Adenocarpus, Anthyllis, Astragalus, Biserrula, Coronilla, Cytisus, Chamaespartium, Dorycnium, Echinospartum, Galena, Genista, Hippocrepis, Lathyrus, Lens, Lotus, Lupinus, Medicago, Melilotus, Ononis, Ornithopus, Robinia, Spartium, Trifolium, Trigonella, Ulex e Vicia.

Palabras veciñas

faba | Faba | fabaca | fabáceo -a | fabada | fabal | faballón