Fabara, sepulcro de

Fabara, sepulcro de

Mausoleo romano situado en Fabara (Zaragoza). Coñecido como a Casa de los Moros, construíuse na segunda metade do s II. Ten planta practicamente cadrada e consta dunha cella precedida da pronaos e dunha cámara subterránea ou conditorium que acolle os restos dun defunto, identificado segundo unha inscrición como L. Aemmli Lupi. O pórtico é tetrástilo e dórico.

Palabras veciñas

fabada | fabal | faballón | Fabara, sepulcro de | fabarias* | Fabbiani Ruiz, José | fabeira