facer
(< lat facēre)
-
v t
-
Dar forma a algo material colocando os elementos de que se compón de xeito adecuado. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen fai un cesto, fai un cento, se lle dan vimbios e tempo”.
Ex: Fixeron moitos edificios nos últimos anos. Fixo o niño no campanario.
-
Preparar unha comida ou alimento utilizando os elementos necesarios.
Ex: Nese bar fan un cocido boísimo.
-
Dispor ou arranxar unha cousa para a súa utilización normal.
Ex: Fai a cama e se che dá tempo fai tamén as maletas.
-
-
v t
-
Realizar, efectuar ou levar a cabo unha acción ou actividade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ben ou mal feito, o que fagas faino ao dereito. Cando teñas o mando e o pao, non fagas todo o que che veña a man. Fai a noite noite e o día día, e vivirás con alegría. Fai o que che manda o teu amo, e sentarás con el no escano. Máis fai o que quer que o que pode. Non fagas tantas mercedes, que te fagan subir polas paredes. Non todo o que se di se fai, nin todo o que se fai se di. O que fagas na túa casa, que o poidan ver todos na praza. O que fixo e desfixo bota de conta que nada fixo. O que has facer hoxe non o deixes para mañá. O que non se fai por Santa Lucía, faise ao outro día. Soprar e sorber non se pode facer.”
Ex: Este ano farei unha viaxe a Ribadeo. Sempre fai o que quere. Non fagas burla de min. Fíxome acenos para que pasara.
-
Realizar unha actividade laboral.
Ex: Antes era cociñeiro pero agora non sei que fai.
-
Cursar unha carreira ou curso académico.
Ex: Este ano fará terceiro de ESO.
-
Emitir determinados sons ou ruídos.
Ex: Este ordenador fai un run run moi raro. O neno pasa o día a facer miau coma os gatos.
-
-
v t
Evacuar ouriños ou excrementos.
Ex: Cambiou o neno porque xa fixera caca.
-
v t
Dar existencia a algo que se elabora mentalmente.
Ex: Naquela época fixo as súas mellores cancións.
-
v t
Desenvolver as accións necesarias para resolver ou encontrar a solución de algo.
Ex: Por fin fixen o encrucillado. Fixo os problemas antes que o profesor.
-
v t
Realizar un tratamento de beleza para mellorar algunha parte do corpo.
Ex: Para a voda farei as cellas e a manicura.
-
v t
Efectuar movementos ou exercicios para fortalecer ou axilizar algunha parte do corpo.
Ex: Subo andando ata o sexto e así fago perna.
-
v t
Provocar ou obrigar a que suceda ou se execute algo. OBS: Nesta acepción vai xeralmente acompañado dun infinitivo.
Ex: Sempre me fai dicir o que non quero. Fíxolle comer todo.
-
v t
-
Ocasionar ou provocar un efecto ou consecuencia.
Ex: Esa noticia fíxoa moi feliz. O peixe fíxome mal. Ese muro faille sombra ás plantas.
-
Causar un dano ou prexuízo a alguén.
Ex: Ese rapaz fíxolle moitas a seu pai.
-
-
v t
-
Formar un certo número ou cantidade.
Ex: Cos teus e mais os meus xa fan vinte euros.
-
Ter unha determinada idade.
Ex: Onte fixo os sesenta.
-
Ter lugar o cumprimento exacto de certo tempo.
Ex: Mañá fai un ano que non vén pola nosa casa.
-
Ocupar un determinado número ou lugar nunha serie.
Ex: Este rapaz fai o número catro na lista.
-
-
v t
Percorrer un espazo ou distancia determinada.
Ex: Nun día fixeron máis de 40 km. Ese monte xa o fixen hai anos.
-
v t
Ir bo ou mal tempo meteorolóxico.
Ex: Onte fixo bo tempo pero hoxe xa fai malo.
-
v t
Deixar espacio para alguén ou algo.
Ex: Fixo sitio no dormitorio para o moble novo.
-
v t
Supor ou imaxinar algo ou a alguén nun determinado lugar ou con determinadas características.
Ex: Eu facíate en China. Facíao máis alto e guapo.
-
v t
-
Finxir alguén ser algo que non é.
Ex: Ela fai o parvo para non traballar. Fai o xordo cada vez que o chama o pai.
-
Imitar os sons ou algunha outra característica dun animal.
Ex: O neno fai moi ben o porco.
-
Actuar alguén simulando algo que non é verdade.
Ex: Por non saudarme fixo que non me vía.
-
-
v t
Representar un papel ou unha función.
Ex: Hai xa oito anos que fixen esa obra. Farei ese papel con moitas ganas.
-
v t
Adaptar ou acostumar o corpo a unha determinada situación ou actividade.
Ex: Non fago o corpo a traballar tantas horas.
Sinónimos: afacer. -
v t
Dar un determinado aspecto ou aparencia.
Ex: Eses lentes fante máis nova. O tempo fíxoa máis seria.
-
v t
Conseguir ou gañar algo.
Ex: Fixo a súa fortuna en Venezuela. Fixen moitos amigos nese traballo.
-
v t
Deixar algo en testamento.
Ex: Fíxolle o piso e a casa da aldea á filla.
-
v t
Proporcionar algo determinadas calidades a unha cousa.
Ex: Ese unto fará un bo caldo.
-
v i
Representar un papel ou facer as funcións doutra cousa ou doutra persoa.
Ex: Fixo de policía na película. Na obra de teatro a caixa facía de televisión.
-
v i
Procurar ou tratar de conseguir a realización de algo.
Ex: Fixen por chegar pero non puiden. Fixo por salvalo pero foi imposible.
-
v i
Actuar ou proceder dunha determinada maneira. Na tradición oral recóllense ditos como: “Fai barato e venderás por catro. Fas mal?, espera outra cousa igual. Nunca falta quen ben faga. Quen ben che fai, ese é o teu segundo pai. O que vai facer mal, xa vai medio ferido, di o refrán. Quen mal faga, espere outro tal.”
Ex: Fixo mal invitándoa á festa.
-
v pron
-
Producirse ou ter lugar algunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Se o mozo soubese e o vello puidese, non habería cousa que non se fixese.”
Ex: As cousas non se fan soas.
-
Chegar ao punto de cocción ou de fritura adecuada.
Ex: Non apagues o lume que o peixe aínda non se fixo.
-
-
v pron
Finxir alguén algo que non é. Na tradición oral recóllense ditos como: “Facédevos mel e comeranvos as moscas. Fágome bobo e como de todo.”
Ex: Fíxose o xordo para non axudarnos.
-
v pron
Adaptarse ou acostumarse a unha situación determinada.
Ex: Os meus ollos fixéronse pouco a pouco á luz. Fíxose enseguida a vivir soa.
-
v pron
Converterse ou evolucionar algo ou alguén.
Ex: O viño fíxose vinagre. Farase vello esperando as túas desculpas.
-
v pron
-
Asimilar a ideoloxía dun grupo ou organización.
Ex: Despois de vivir uns anos na India fíxose budista.
-
Adquirir un grao ou profesión.
Ex: Fíxose veterinario en catro anos.
-
-
v pron
Resultar ou parecer algo a alguén dunha determinada maneira.
Ex: Esa rapaza fáiseme unha cara coñecida.
Frases feitas
-
Facela boa. Causar un grave problema ou desorde.
-
Facelas ao calado. Actuar con disimulo. Facer a carantoña. Morrer.
-
Facer a comedia. Disimular.
-
Facer a dó. Ir ver un morto.
-
Facer a doca/maula/zángalla-
Refráns
- Ben ou mal feito, o que fagas faino ao dereito.
- Cada un faí como quen é.
- Cada un fai das súas.
- Cada un faí segundo é.
- Cousas baí que son para velas, moito mellor que para feitas.
- Facer cada día unha e rogar a Deus por outra.
- Faí o que sabe e non sabe o que faí.
- Máis fácil é desfacer que facer.
- Non hai feita sen desfeita.
- O feito ben agarda o por facer.
- O que fixo e desfixo, bota de canta que nada fixo.
- Obrar moito e falar pouco.
- Se non fas o que queres, fai o que podes.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fago
fas
fai
facemos
facedes
fan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles facía
facías
facía
faciamos
faciades
facían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fixen
fixeches
fixo
fixemos
fixestes
fixeron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fixera
fixeras
fixera
fixeramos
fixerades
fixeran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles farei
farás
fará
faremos
faredes
farán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles faría
farías
faría
fariamos
fariades
farían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles faga
fagas
faga
fagamos
fagades
fagan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fixese
fixeses
fixese
fixesemos
fixesedes
fixesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles fixer
fixeres
fixer
fixermos
fixerdes
fixeren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
fai
-
-
facede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles facer
faceres
facer
facermos
facerdes
faceren
feita
feitos
feitas