facultativo -va

facultativo -va

(< facultade)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á facultade.

  2. adx

    Relativo ou pertencente á medicina ou aos médicos.

  3. adx

    Que non é obrigatorio e pode realizarse ou non.

    Ex: Este tren fai unha parada facultativa nese apeadeiro.

    Sinónimos: opcional.
  4. adx [BIOL]

    Que pode vivir baixo diferentes condicións ambientais.

    Ex: As bacterias entéricas son bacilos aerobios facultativos.

  5. adx e s

    Aplícase aos funcionarios que desempeñan funcións técnicas para as que se require un título universitario ou estudios superiores.

    Ex: Pertencen ó corpo facultativo de bibliotecarios. Terás que falar co facultativo que estea dispoñible nese departamento.

  6. s m

    Persoa que ten título legal para exercer unha profesión científica ou técnica, especialmente a de medicina.

Palabras veciñas

fácula | facultade | facultar | facultativo -va | facundia | Facundo | Facundo