Efrén, santo

Efrén, santo

(Nísibis, Mesopotamia 306 - Edessa 373) Escritor sirio e doutor da Igrexa. Dirixiu a escola de canto de Nísibis (350-363), e foi diácono do bispo de Nisibina. Cando a cidade pasou ao poder dos persas marchou a Edessa (363). Escritor prolífico, as súas obras pódense dividir en homilías ou prosa métrica relixiosa (memra) e en himnos ou madraše, cun refrán (‘onitā) repetido despois de cada estrofa. Na iconografía viste túnica cinguida e manto abotoado no peito, e como atributos leva unha pluma e un libro e, ás veces, tamén unha trompeta. A súa festividade celébrase o 9 de xuño en Occidente (antes da reforma litúrxica o 18 de xuño) e o 28 de xaneiro en Oriente.