epitaxe

epitaxe

(

  1. s f [FÍS]

    Fenómeno consistente no crecemento orientado de dúas especies cristalinas diferentes. Observouse que, en xeral, este fenómeno se dá cando existe un gran parecido na forma e nas dimensións do retículo cristalino das dúas substancias, cunha marxe do 15% na variación das dimensións do retículo. Tamén se denomina epitaxia.

  2. s f [TECNOL]

    Técnica de crecemento de cristais consistente na deposición de átomos do material desexado sobre un substrato. Segundo a técnica de deposición distínguese entre epitaxe en fase líquida (LPE), epitaxe en fase de vapor (VPE) e epitaxe de feixe molecular (MBE). OBS: A grafía <x> representa o son [ks]. Tamén se denomina epitaxia.

Palabras veciñas

epitalámico -ca | epitalamio | epítase | epitaxe | epitaxia | epitaxial | epiteca