epixénese

epixénese

(< epi- + xénese)

  1. s f [BIOL]

    Teoría embriolóxica que sostén que o ovo é unha célula totalmente indiferenciada e totipotente que sufrirá máis tarde un proceso de diferenciación pola presenza de substancias indutoras. Esta teoría oponse ao preformacionismo.

  2. s f [XEOL]

    Desenvolvemento dun proceso litolóxico posterior á formación dos materiais, como a substitución lenta dun mineral por outro, molécula a molécula, ou a xeración dun xacemento con posterioridade á formación da rocha encaixante.