Ernest
Ernest
[ESPECT]
Espectáculo teatral estreado pola Escola Dramática Galega na Coruña en maio de 1982, na Sala Luís Seoane, e que chegou a realizar 33 funcións por toda Galicia. Foi creado a partir do texto de Oscar Wilde, The Importance of Being Ernest, con dirección de Miguel Pérez Romero, autor igualmente da versión para o galego. Actuaban J. Fernando Martínez, Celestino Hermida, Paco R. Campos, Elina Luaces, Carmina García, Candi García, Irene Canosa, Ana Bouza, Salvador Ramos e Teresa Castro, responsable tamén do vestiario e da escenografía. O espectáculo destacou pola axilidade das situacións e dos diálogos, segundo unha liña marcada polo propio Wilde, cun ritmo axeitado e unha acción trepidante.