escólex

escólex

(< gr σκώληξ‘verme’)

s m [ZOOL]

Parte anterior ou cefálica dos cestodos dotada de estruturas de fixación (ventosas, ganchos, etc), localizados nunha estrutura móbil denominada rostelo. A partir do escólex orixínanse o resto dos aneis ou divisións, moitas veces aplanadas, denominadas proglotes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

escolasticismo | escolástico -ca | escoler | escólex | escoliador -ra | escoliar | escoliasta