Eustaquio
Eustaquio
[ONOM]
Antropónimo procedente do latín tardío Eustachius, testemuñado só na época cristiá, tirado do grego posclásico Eustachios, variante de Éustachys, nome masculino grego que corresponde ao adxectivo ε ὐ στάχυς, composto de ε ὖ ‘ben, bo’ e στάχυς ‘espiga’; xa que logo, ‘que dá boas espigas’, ‘fecundo’.