exvoto

exvoto

(< lat ex voto)

s m [RELIX]

Ofrenda a Deus, á Virxe ou aos santos, ben en agradecemento á súa intervención ou intercesión na resolución dun problema vital (enfermidade, accidente, etc), ben para solicitar protección, consistente nunha réplica do obxecto favorecido ou que se desexa protexer. En moitas ocasións, os exvotos son figuras de cera, prata ou doutro material, que representan membros ou partes do corpo (pernas, brazos, cabezas, corazóns) afectados pola doenza, ou os bastóns, muletas e outros instrumentos ortopédicos que se empregaron durante a convalecencia; mesmo, en caso de que a enfermidade puxera en serio risco a vida do ofrecido, o exvoto pode ser un cadaleito; tamén poden ser réplicas de animais domésticos (porcos, vacas) ou de artefactos nos que se basean as actividades económicas que dan sustento ao oferente (barcos).