fagocitose

fagocitose

(

s f [BIOL]

Proceso que permite atrapar, englobar e xeralmente destruír ou dixerir elementos moi diversos, como bacterias, produtos do metabolismo ou corpos estraños. A fagocitose realízana células especializadas (macrófagos ou neutrófilos) ou determinados organismos unicelulares (protozoos), que rodean coa súa membrana celular a partícula e incorpórana no seu citoplasma. Pódese levar a cabo como mecanismo de defensa ou para a alimentación, no caso dalgúns organismos como os protozoos. É un dos mecanismos fundamentais da inmunidade natural, especialmente nos organismos superiores: en moitos lugares do corpo, como o sangue, o tecido conxuntivo ou o fígado, existen numerosos fagocitos, que atacan calquera alteración do organismo, encargándose de destruír ou de neutralizar os corpos estraños, sobre todo microorganismos, que poden poñer en perigo o funcionamento do organismo. A fagocitose é un tipo de endocitose.

Palabras veciñas

fagocito | fagocitoblasto | fagocitólise | fagocitose | fagofobia | fagosoma | fagot