Fajardo
Fajardo
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe descendente do Rei Froila I e do seu fillo, o conde Román. Estableceuse orixinariamente en Ortigueira e desde alí desprazouse a outros lugares de Galicia e Castela. As súas armas levan, en campo de ouro (ou prata), tres rochas da súa cor, postas en faixa, sobre ondas de azul e prata, acompañadas de cadansúa póla de ortigas, de sete follas.