Falange Española
Falange Española
[PUBLIC]
Periódico aparecido en Vigo a principios do ano 1987, editado pola Jefatura Territorial de Galicia de Falange Española. Dirixido por Salvador R. Guimare Gutiérrez, incluía, sobre todo, artigos de carácter político. Centrou as súas críticas no goberno socialista, na banda terrorista ETA e no PNV, e nos poderes xudiciais. Engadiu tamén informacións sobre campamentos de verán, crónicas históricas sobre militares franquistas e nazis, e críticas a personaxes como Stalin, ademais de datos sobre diversas homenaxes.