falaxa
falaxa
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo falaxa.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo falaxa.
-
s
f pl
[ETN/HIST]
Pobo de orixe etíope caracterizado polas súas crenzas e tradicións xudías. Malia que se descoñece a súa orixe, considéranse descendentes dun grupo de xudeus que emigraron dende Xerusalén, liderados por Menelik, fillo de Salomón e da raíña de Saba. Dedicáronse tradicionalmente a diversas actividades rexeitadas polos pobos do seu contorno, como o traballo do ferro ou a cerámica. Nas últimas décadas do s XX, durante as fames que afectaron a Etiopia, a maior parte deste pobo trasladouse a Israel.