falconete

falconete

(< falcón)

s m [BÉL]

Pequena peza de artillería que se empregou dende o s XV nos bordos das naves de guerra. Repousaba sobre unha forquita cos brazos articulados que permitían basculala e cargala pola recámara. Na parte posterior da recámara saía unha barra de ferro colocada no sentido do eixe do canón que servía para dispoñer a peza no ángulo de tiro desexado. O seu calibre variaba entre 39 e 70 mm. Os exércitos de Carlos I empregárona como artillería de campaña.