Falerii Veteres
Falerii Veteres
Nome latino da antiga cidade dos faliscos, situada entre os montes Cimini e o río Tevere e que se corresponde coa actual Civita Castellana. Destruída polos romanos no 241 a C, foi reconstruída a poucos quilómetros co nome de Falerii Novi.