fálico -ca
(< falo)
-
adx
Relativo ou pertencente ao falo ou ao seu culto.
-
cultos fálicos
[HIST/RELIX]
Conxunto de crenzas e expresións simbólicas cristalizadas en ritos que a través de representacións máis ou menos estilizadas do falo, expresan dun xeito relixioso ou máxico o poder de creación da vida, a formación cósmica a partir do caos previo, concibido como a feminidade (Asiria e Babilonia entre os pobos semitas e o lingam de Shiva na India), e incluso a posible superación da morte (budismo tántrico). Entre os gregos destacaban as faloforias, festas do culto a Dióniso, nas que se levaban en procesión representacións do falo. Nalgunhas sectas africanas e no tantrismo a contemplación e tamén a manipulación, o dominio e a actividade non copulativa do propio pene inclúense nos últimos graos de iniciación masculina para acadar a madurez e a liberación.
-
estadio fálico
[PSIC]
Terceiro estadio da evolución da libido, segundo S. Freud e a psicanálise, que se inicia cara aos catro anos e se pode prolongar ata o sexto ou sétimo ano de vida do neno. Os impulsos sexuais estrutúranse baixo a primacía dos propios órganos xenitais nunha especie de autoerotismo.