falisco -ca
falisco -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo dos faliscos ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo falisco.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo itálico da Etruria meridional que tiña a súa capital en Falerii Veteres. Formaba parte da Confederación Etrusca, pero asinou unha alianza cos romanos entre o 343 a C e o 339 a C. A súa cultura recibiu influencias dos latinos e dos etruscos.
-
s
m
[LING]
Lingua itálica, intimamente relacionada co latín, que falaban os faliscos. Consérvanse unhas 200 inscricións dos ss IV e III a C -a maioría delas atópanse no museo Vila Giulia de Roma-, escritas nun alfabeto similar, pero non idéntico, ao latino.