falsabilidade

falsabilidade

(

s f [FILOS]

Termo creado polo filósofo K. R. Popper a partir do verbo inglés to falsify (‘refutar’) e que establece un novo criterio de demarcación entre o que é ciencia e o que non é ciencia. Segundo él, un enunciado ou unha teoría é científica se pode ser falseable pola experiencia ou por medio da contradición interna. Desta maneira, o problema formulado por I. Kant sobre como distinguir o que é ciencia do que non, queda resolto. Así, por exemplo, a teoría do Big-Bang é científica porque pode ser falseada pola experiencia mentres que a astroloxía non, porque non pode ser falseada. En definitiva, desprázase a verificabilidade en beneficio da falsabilidade dos sistemas científicos.

Palabras veciñas

falpilaxe | falquear | Falques i Urpí, Pere | falsabilidade | falsable | falsación | falsacionismo