falsificación
(
-
s
f
Acción e efecto de falsificar.
-
s
f
[DER]
Delito que se comete nun documento público, comercial ou privado, na moeda, selo ou marca, cando se produce alteración da verdade. As falsificacións máis frecuentes son as da sinatura, selos de correos ou pólizas, billetes de banco e moeda. A alteración pódese producir por adición, substitución ou supresión, ou ben por manipulación da verdade na redacción do escrito.
-
s
f
[ARTE]
Obra de arte introducida no mercado artístico coa finalidade de especular con ela de xeito que sexa valorada como auténtica, sen selo, ou como feita por un autor diferente ao que a fixo. Para ser recoñecida como tal, ten que ser autentificada por uns peritos xudiciais ou por uns teóricos especialistas no estilo artístico correspondente. As falsificacións totais son a réplica total dunha obra de arte auténtica, catalogada e xeralmente asinada. As falsificacións parciais son obras orixinais nas que se realizou algunha modificación para conseguir unha maior cotización; copias que, feitas polo mesmo autor ou polos seus discípulos sen intención de ofrecelas como orixinais, pero que son vendidas como se o fosen; ou imitacións de artistas especializados que venden as súas obras como se as realizasen os mestres, dos que imitan o estilo, sen copiarse. Outro tipo é a que altera a sinatura dun autor pola doutro máis significativo. Entre as falsificacións máis coñecidas da historia da arte cómpre destacar as realizadas das paisaxes de J. B. Corot, ata o punto que, no mundo da arte, se afirma que “Corot pintou 10.000 cadros, dos que 25.000 están nos EE UU”; entre os falsificadores destacaron Hans van Meegeren (1889-1947), especialista en obras de Jan Veermer; Elmyr de Hory (1905-1976), que imitaba os vangardistas; e Tom Keating (1917-1984), especialista en obras de Samuel Palmer.