fanático -ca
fanático -ca
(
-
adx e s
Aplícase á persoa ou organización exaltada e intolerante que defende con paixón e vehemencia unha doutrina ou a unha persoa.
Ex: As sectas fanáticas son un perigo para a sociedade. Os fanáticos derrubaron os símbolos relixiosos anteriores á revolución.
-
adx e s
Aplícase á persoa ou colectivo que sente fonda admiración por algo ou por alguén.
Ex: Os admiradores fanáticos deste grupo musical bailaron sen parar. Os fanáticos do cine asistiron de forma masiva para ver a reposición da película.
-
s
m
[HIST]
-
Denominación que recibían na antiga Roma os iluminados que frecuentaban os templos e caían nun delirio sagrado.
-
Sacerdotes dalgunhas relixións mistéricas da antiga Roma ou da deusa Belona.
-