Fannia

Fannia

Familia romana de orixe plebea. Os seus principais membros foron Caio Fannio Estrabón , cónsul no 161 a C, que ordenou a expulsión de Roma dos filósofos e dos retóricos gregos; o seu curmán Caio Fannio , membro do círculo de Escipión Emiliano e tribuno no 141 a C, loitou en África e en Hispania. Cónsul no 122 a C rexeitou o proxecto de lei de Caio Graco.