Faramello, pazo do
Faramello, pazo do
Construción situada en Santa Mariña de Ribasar (Rois). Bartolomeo Piombino Farcinetti e Jacobo Giambino instalaron unha fábrica de papel, concedida en 1714. Comezou fabricando un papel de baixa calidade que se destinou a envolver o tabaco picado que levaba a marca P; a mellor calidade do papel permitiu imprimir en 1733 Anales del Reyno de Galicia de Francisco de la Huerta. Posteriormente, adquiriuna Antonio Riveiro de Aguilar, quen modernizou as instalacións. En 1858 fabricaba o papel de fumar El Sol. Pechou a comezos do s XX. O pazo construíuno B. Piombino en 1727 en estilo barroco. Destacan o balcón con balaustrada pétrea e os brasóns.