FARC-EP

FARC-EP
Nome científico: [Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Ejército del Pueblo]

Organización guerrilleira colombiana xurdida en 1964 a partir de grupos de resistencia campesiña, vinculados orixinalmente ao Partido Comunista de Colombia. O goberno de Belisario Betancur iniciou os primeiros diálogos coas FARC, asinando os representantes de ambos (Betancur e Manuel Marulanda) os Acuerdos de la Uribe, que establecían bilateral un cesamento das hostilidades. As conversas de paz continuaron, dificultadas polas forzas paramilitares e o problema do narcotráfico. Co goberno de Pastrana retomáronse as negociacións e acordouse a creación de comisións de seguimento e de mecanismos que impedisen o bloqueo do novo proceso de paz. Malia todo, en febreiro de 2002 Pastrana determinou de forma unilateral a ruptura das conversacións.

Palabras veciñas

Farazdaq, al- | Farbán | Farber, Marvin | FARC-EP | Fardán | Fardán, torre de | fardel