Fardel de eisilado
Fardel de eisilado
[LIT]
Poemario publicado en Bos Aires en 1952 da autoría de Luís Seoane. Considérase unha obra punteira da literatura do exilio e converteuse en arma para a concienciación da entidade galega, tanto en Galicia como na emigración. O autor reflicte a odisea dos galegos que se marcharon a América ao longo da historia e pretende facer xurdir unha conciencia galeguista e un espírito de compromiso dende a súa lembranza de Galicia no exilio. De carácter autobiográfico en parte, reconstrúe o drama da emigración e avoga polo espertar do sentimento de solidariedade entre a colectividade galega na diáspora.