farfán
farfán
(< ár firhân, pl farh‘home vil’)
s
pl
[BÉL]
Soldado cristián ao servizo dos musulmáns. Orixinalmente, o termo designou as familias cristiás de orixe hispánica que se estableceron no N de África, fundamentalmente en Marrocos, dende o s VIII. Os seus descendentes volveron a Castela a partir do s XIV para instalarse definitivamente.