farmacodinámica

farmacodinámica

(

s f

Rama da farmacoloxía que estudia os mecanismos de acción das drogas, a intensidade desta acción e a súa dinámica. Xunto coa farmacoloxía descritiva e cuantitativa, a farmacodinámica constitúe a fase do estudo analítico do mecanismo de acción das drogas para poder coñecer o seu efecto sobre os tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e ten que acadar o nivel do funcionamento celular (farmacodinámica celular) ou dunha parte da célula, é dicir, molecular (farmacodinámica molecular).