Faro

Faro

Antropónimo feminino, nome de monte, desde que a illa grega de Pharos deu nome ao faro que nela había. Corresponde ao castelán Haro e, arabizado, Alfaro. Posiblemente o nome Faro chegase a ser nome de monte porque os montes eran un medio de transmitir mediante sinais de fume ou lume diversos avisos, xeralmente ante invasións marítimas. Entre Chantada e Rodeiro érguese o cume do Faro, onde se celebra a romaría da Virxe do Faro. Hai outra Virxe do Faro na Barquiña, en Brántoas, concello de Ponteceso. Na iconografía a Virxe represéntase subida polos anxos cara ás nubes e coa lúa baixo os pés. A súa festividade celébrase o 8 de setembro. Na tradición oral recóllense cantigas como: “Nosa Señora do Faro / fixo unha casa na Illa / para ver os de Malpica / como pescan a sardiña”, “Nosa Señora do Faro / está no alto fai que dorme / pero ela ben ve pasar / os mariñeiros para Corme”, “Nosa Señora do Faro / moi altiña se foi pór / dálle o aire, dálle o vento / dálle o sol todo arredor”.

Palabras veciñas

Faro | Faro | Faro | Faro | Faro | Faro | Faro