Faros
Faros
Antiga illa do Mar Mediterráneo, en Alexandría, unida a terra firme na época do Faraón Ptolomeo Soter (s II a C); na actualidade correspóndese coa península de Rās et-Tīn. O faraón fixo contruír nesta illa o faro de Alexandría, considerado unha das sete marabillas da Antigüidade, cunha altura de 135 m. Foi destruído por un terremoto no s XIV.