fasces

fasces

(< lat fasces pl defascis ‘feixe’)

s pl

Insignias do cónsul romano formadas por un machado rodeado por un atado de coiro vermello de varas de olmo ou bidueiro. Simbolizaban o poder do maxistrado para impoñer castigos e penas capitais. Introducíronse orixinalmente en Etruria durante a monarquía, en Roma levábanas os litores que acompañaban os pretores, os cónsules, os ditadores, os legados imperiais e os emperadores.