fastos

fastos

(< lat fastos, acus de fasti -orum)

  1. s m pl [HIST]

    Lista de maxistrados romanos. Tivo a súa orixe nos calendarios, denominados tamén fastos, en que se indicaban os Dies Festi, período de tempo atribuído aos deuses durante o que o home renunciaba as actividades profanas; e os Dies Profesti, durante os que se desenvolvían os negocios privados e públicos. A partir do ano 304 a C publicáronse listaxes dos días durante os que non se desenvolvían actividades públicas, xunto con listaxes de cónsules, sacerdotes e triunfos. Conserváronse versións de cada unha destas listas dende o comezo da República.

  2. s m pl

    Calendario romano no seu conxunto.

  3. s m pl

    Rexistro de feitos e obras dignos de ser recordadas.

Palabras veciñas

fastixio | 1 fasto | 2 fasto -ta | fastos | fastosidade | fastoso -sa | fastuoso -sa