fatiga

fatiga

(

  1. [FISIOL]
    1. s f

      Estado de cansazo xeral como consecuencia dunha actividade moi intensa ou prolongada, física ou intelectual.

      Sinónimos: cansazo, canseira.
    2. s f

      Diminución da capacidade funcional dun órgano, especialmente os pulmóns, a consecuencia da súa actividade excesiva.

    3. fatiga de estimulación

      Diminución da excitabilidade dun nervio a causa dun estímulo repetido.

  2. s f

    Traballos ou penalidades polas que pasa unha persoa. OBS: Normalmente úsase en plural.

    Ex: Moitas fatigas pasou para sacar o fillo adiante.

  3. [TECNOL]
    1. s f

      Diminución da resistencia á rotura dun material elástico sometido a tensións dunha intensidade de signo variable. Os primeiros estudios levounos a cabo A. Wöhler, en 1869, ao investigar as causas da rotura dos eixos dos vagóns. Experimentalmente demostrouse que a fatiga depende do tipo de tensión aplicada, dos valores máximos e mínimos desta e do número de aplicacións. Por outra parte, depende da forma, das dimensións e das propiedades do material que se somete a estas tensións.

    2. ensaio de fatiga

      Ensaio polo que se somete unha probeta a unha serie de tensións de signo alterno e no que se mide a diminución do límite elástico en función do número e da amplitude das tensións aplicadas. Os resultados represéntanse nas curvas de fatiga, tamén denominadas curvas de Wöhler, nunha escala logarítmica ou semilogarítmica, e indica o réxime de traballo para o que o material presenta propiedades elásticas.