fauna

fauna

(

  1. s f [ZOOL]

    Conxunto de especies animais que habitan nun territorio determinado, en estado salvaxe e formando parte do ecosistema onde se localizan. Non pertencen á fauna dunha rexión os animais domésticos e aqueles que foron introducidos polo home e que non se adaptaron plenamente ao novo ambiente. A fauna dunha rexión está condicionada polo clima, a vexetación, o pasado xeolóxico, os factores fisiográficos e os factores biolóxicos (competencia, tolerancia, adaptacións, etc) e pola acción do home.

  2. s f [ZOOL]

    Conxunto de todas as especies animais que habitan nunha comarca, nun país ou nun período xeolóxico concreto.

  3. s f [LIT/ZOOL]

    Obra que presenta a descrición e a enumeración das especies animais dunha rexión ou dun período xeolóxico.

  4. s f

    Conxunto de persoas que chaman a atención por algunha característica e por frecuentar un mesmo ambiente. OBS: Adoita empregarse con sentido despectivo.

    Ex: A fauna política deste país vai sempre ós mesmos sitios.