Faust
Faust
Nome científico:
[Fausto]
[IMAX]
Produción cinematográfica alemá realizada en 1926. Foi dirixida por Friedrich W. Murnau e interpretada por Gösta Ekman, Emil Jannings, Camilla Horn e Frieda Richard, entre outros. É unha das obras clave do cine europeo debido á calidade fotográfica e á interpretación de Emil Jannings. Murnau marchou a EE UU cando rematou a súa montaxe, pero a produtora alemá cortou distintas escenas da película que non se puido ver de forma íntegra ata 1996, cando se presentou a versión orixinal de 105 minutos (15 máis ca antes) no Festival de Cine de Berlín.