fe

fe

(< lat fide)

  1. s f
    1. Crenza absoluta que se ten en algo sen necesidade de ter probas ou evidencias. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fe sen obras é fe morta. Máis fe dan os ollos ca as orellas. O amor e a fe nas obras se ve”.

      Ex: Ten fe no que lle dixo un amigo.

    2. [RELIX]

      Adhesión persoal a Deus, a unha relixión, a unha realidade ou a un ideal que se toma como sentido último da propia existencia, etc. Pódese dicir que é unha forma de relación con que se denomina a Deus. Para os cristiáns, é unha das tres virtudes teologais.

    3. [FILOS]

      Crenza relixiosa baseada en dogmas indubidables que os fieis teñen que aceptar porque proveñen dunha autoridade divina ou relixiosa que é considerada infalible e verdadeira. Para a filosofía, o problema residiu en compatibilizar a fe coa razón, posto que, en principio, ambos os termos parecen excluírse mutuamente. Para os filósofos da tradición clásica resultou difícil aceptar unha doutrina que rexeitaba a procura da verdade desde criterios puramente racionais; mentres que para os primeiros teóricos do cristianismo, malia ter a fe supremacía sobre a razón, era necesario conxeniar os dous termos para xustificar o dogma e defendelo fronte ás argumentacións filosóficas. Para santo Agostiño (ss IV-V), a fe ten primacía sobre a razón posto que só existe unha verdade, a cristiá. Posteriormente, santo Anselmo de Canterbury (s XI) matizou esta afirmación coa idea de que o cristián debe entender o que cre na medida en que isto sexa posible para a mente humana, de tal xeito que a razón aclara a fe. Un século máis tarde, o filósofo musulmán Averroes sostivo a teoría da dobre verdade, segundo a que sobre unha mesma cuestión poden existir dúas verdades, unha de razón e outra de fe, contrarias e válidas ao mesmo tempo. A Igrexa condenou esta actitude, que foi superada por san Tomé de Aquino no s XIII, ao afirmar que razón e fe son dúas fontes de coñecemento distintas. Para el existían tres tipos de verdades: os artículos de fe, que son verdades reveladas e incomprensibles para a razón humana; as verdades racionais, que non foron reveladas e son comprensibles pola razón natural dos homes; e os preámbulos da fe, que foron revelados por Deus e que a razón humana pode demostrar, como a existencia de Deus, a creación do mundo ou a inmortalidade da alma. Ademais, non poden existir contradicións entre unha e a outra e, de darse, habería que revisar o razoamento e, de persistir, a fe imporíase sobre a razón, de tal xeito que a filosofía sería un servo da teoloxía. No s XIV Guillerme de Ockham rompeu coas teorías tomistas ao afirmar que ningún dogma da fe pode ser demostrado racionalmente. No s XVII, R. Descartes declarou que só pode ser aceptado pola razón humana aquilo que sexa evidente, e que a relixión cae fóra dese ámbito. Non obstante , no s XVIII, I. Kant colocou a fe fóra das posibilidades da razón humana, e mantivo que a relixión debe enmarcarse dentro das lindes da razón máis básica. No XIX, F. W. Nietzsche proclamou a fe relixiosa como unha forma de doenza e K. Marx como o opio do pobo. Na segunda metade do s XX os membros da escola de Frankfurt mantiveron que a relixión e a fe son un dos mecanismos de control das sociedades contemporáneas industrializadas sobre a poboación.

  2. s f

    Conxunto das crenzas dunha relixión ou das doutrinas dunha persoa ou grupo.

    Ex: A fe católica. A fe comunista.

    1. s f

      Confianza que se ten en algo ou alguén ou nas súas posibilidades.

      Ex: Ten moita fe no seu xinecólogo.

    2. fe pública [DER]

      Autoridade lexítima atribuída aos notarios, cónsules, secretarios de xulgados e de tribunais e outros funcionarios pola que os documentos, que certifican en debida forma, se consideran auténticos a todos os efectos.

    1. s f

      Documento que acredita algo. OBS: Emprégase normalmente co verbo dar.

    2. fe de bautismo [RELIX]

      Certificación expedida pola parroquia en que se indica que un fegrés recibiu o sacramento do bautismo.

    3. fe de erratas

      Lista de erros, coas súas correccións, que se pon ao final dunha obra ou que pode ir nunha folla solta.

    4. fe de vida e estado

      Certificado expedido polo Rexistro Civil en que se indica a supervivencia dunha persoa (ó non se ter rexistrada a súa defunción) e o seu estado civil na data de expedición.

      Sinónimos: abofé.

Frases feitas

  • Á boa fe Con inxenuidade, sen malicia. SIN: abofé.

  • (De) boa fe Boa intención.

  • (De)

  • Á boa fe (coma os gatos pequenos). Ser parvo.

  • A fe loc adv En verdade, de certo. SIN: abofé.

  • Dar fe. Asegurar algo como certo.

  • mala fe Mala intención.

Refráns

  • A fe sen obras é fe morta.

Palabras veciñas

fazuleiro -ra | FBI | fcem | fe | Fe | Fe | Fe de Valores