Febrerista, Revolución
Febrerista, Revolución
Insurrección dunha parte do exército paraguaio (febreiro de 1936), dirixida polo coronel Rafael Franco contra o presidente Ayala a causa da desmobilización decretada por este trala guerra do Chaco. Franco formou un goberno que tentou aplicar un plan de reformas, pero un golpe de estado organizado polos militares conservadores púxolle fin (13 de agosto).