febronianismo

febronianismo

(

s m [RELIX]

Doutrina eclesiolóxica de Justinus Febronius. Baseada nos principios galicanos e episcopalistas, afirmou que ao papa só lle corresponden os dereitos necesarios para a conservación da unidade da fe e a disciplina eclesiástica; que todos os bispos, incluído o de Roma, posúen a mesma potestade; e que a autoridade suprema da Igrexa é o concilio.

Palabras veciñas

febrícula | febrífugo -ga | febril | febronianismo | Febronius, Justinus | februalia* | februdo -da