Federación Comarcal de Juventudes Libertarias de Ferrol
Federación Comarcal de Juventudes Libertarias de Ferrol
Organización creada en Ferrol en 1935, que recuperaba a organización da Juventud Libertaria de Ferrol (1933), desmantelada tralos sucesos de outubro de 1934. O primeiro grupo libertario xuvenil de Ferrol xurdira a finais de 1913 co nome de Juventud Libertaria e durante a Segunda República este movemento acadou certo nivel de organización. En decembro de 1935 incorporóuselle a Juventud Libertaria de Mugardos. A súa actuación estivo vinculada á da CNT e, ademais da súa participación no sindicalismo, os grupos libertarios xuvenís destacaron polo seu traballo cultural e propagandístico, a través de mitins e conferencias que se celebraban tanto en Ferrol como noutras poboacións da comarca.