Federación Cultural Deportiva Obrera

Federación Cultural Deportiva Obrera

Organización creada en 1932 coa finalidade de impulsar o deporte e a cultura popular. Tivo como principais animadores a militantes comunistas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e, sobre todo, Pontevedra. Na primavera de 1936 cobrou especial protagonismo coa creación na cidade olívica do Comité Regional Pro-Olimpiada Popular de Barcelona, paralela aos Xogos Olímpicos que se ían celebrar en Alemaña e que se presumían manipulados polo réxime nazi. Trala suspensión da Olimpiada Popular de Barcelona por causa da Guerra Civil, os deportistas galegos e a expedición cultural, na que figuraban os gaiteiros de Soutelo, pasaron a contenda na zona republicana.