Federación de Sociedades Gallegas Agrarias e Culturais
Federación de Sociedades Gallegas Agrarias e Culturais
Nome científico:
[FSGA e C]
Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.