Federación Galega de Bandas de Gaitas
Federación Galega de Bandas de Gaitas
Institución creada o 11 de marzo de 1991 en Ferrol. A primeira xunta directiva estivo presidida por Xavier Carro Garrote, quen instaurou a celebración de campionatos provinciais de gaitas e un campionato nacional que terá lugar cada ano en Cabeza de Manzaneda. Nesta primeira etapa creáronse os seus diferentes órganos, entre os que destaca o Comité de Graduación como estamento consultivo-interpretativo e editouse o regulamento rexedor dos campionatos, que se comezaron a organizar en Xinzo de Limia. Nunha segunda etapa, contou coa presidencia de Fernando Dopico Blanco (1994-2000) e, posteriormente, de Manuel Garrido Rodríguez.