Federación Internacional de In-vestigación Teatral

Federación Internacional de In-vestigación Teatral
Nome científico: [FIRT]

Organización creada en 1957 para promover a cooperación entre institucións, entidades, organismos e persoas que por todo o mundo se dedican á investigación teatral. Publica a revista Theatre Research International, e celebra un congreso cada catro anos, xunto con seminarios e outras actividades. Ocúpase da supervisión de traballos como a World Encyclopedia of Contemporary Theatre e dun importante banco de datos sobre bibliotecas, museos, fondos bibliográficos, investigadores e liñas de investigación arredor do feito teatral.