Federación Local Obrera de Coruña

Federación Local Obrera de Coruña

Organización creada en novembro de 1871 a partir dos núcleos iniciais da AIT en Galicia que perdurou ata a Guerra Civil. Nos seus comezos contou coa adhesión de catro seccións de oficio (carpinteiros, canteiros, zapateiros e xastres) e máis de 150 afiliados. Realizaron os primeiros paros xerais a prol da xornada de 8 horas en 1890 e 1891 e convocaron unha folga xeral de 1901. En 1910 adheriuse á CNT. Exerceu o liderado cidadá na folga antimonárquica de 1917, e, no comezo dos anos 20, nas loitas dos estibadores. Disolta polas autoridades cara ao 1927, reapareceu en 1930. Durante a Segunda República duplicou os seus efectivos logo da convocatoria, entre outras, da folga da construción de 1933 na que se reivindicaba a xornada laboral de seis horas e o subsidio de enfermidade.